Inaugurada na Coruña a mostra “As miradas de Isaac”


As miradas de Isaac, unha exposición itinerante na que, a través de 480 pezas, ponse de manifesto a súa traxectoria e contribución esencial como intelectual, artista e empresario. “Os coruñeses teñen a oportunidade de achegarse a un galego universal, clave para entender a Galicia dos últimos cen anos”, dixo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na súa inauguración, incidindo no seu compromiso coa Comunidade, co desenvolvemento do seu carácter propio e coa súa cultura. O carácter itinerante desta mostra encaixa coa personalidade polifacética do seu protagonista, “xa que apenas houbo espazos na intelectualidade, na arte, na industria cultural ou nos asuntos públicos sobre os que Isaac Díaz Pardo non dirixira as súas miradas”, recordou. A mostra, que se exhibe na cidade herculina en colaboración con Afundación, estará na cidade ata finais de agosto para continuar a súa andaina por Vigo.