Inaugurada no Pazo da Cultura de Carballo a exposición “Unha mirada de antano»

1 minutes read

A mostra inclúe 64 das 5.000 imaxes que tomou a fotógrafa americana Ruth Matilda Anderson nas súas dúas viaxes a Galicia, unha escolma da formidable obra galega da fotógrafa pioneira e conservadora estadounidense da Hispanic Society of America. No acto participaron o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo; a coordinadora de cultura de Afundación, María Teresa Cores, e o director en A Coruña de Banca Insitucional, José Manuel Vilar.

A presentación finalizou cunha visita guiada por Vanesa Sende, unha das técnicas de cultura e educadora de Afundación.

A exposición poderá visitarse -no 3º andar do Pazo da Cultura, de 17 a 21 horas, ata o 31 de decembro- grazas a un convenio de colaboración asinado entre o Concello de Carballo, Abanca e Afundación, enmarcado no proxecto “Corrente cultural”.