O titular do Executivo galego, Alfonso Rueda, acompañado do vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asistiu á inauguración dunha placa conmemorativa en homenaxe á tripulación falecida no naufraxio do Villa de Pitanxo en Marín. A portavoz das familias, María José De Pazo, recoñeceu que esta placa lembrará ás vítimas pero tamén servirá para acordarse de todos aqueles que dedican a súa vida profesional ao mar. Ao termo deste acto, dirixíronse á igrexa do Templo Novo de Marín onde se celebrou un emotivo funeral oficiado polo arcebispo de Santiago e o bispo de Tui-Vigo. As familias seguen pedindo xustiza e que se aclare todo o que ocorreu coa baixada ao barco con todos os sistemas que sexan necesarios.
21