Inauguradas as XVII Xornadas de cultura mariñeira Muros Mira ao Mar

0 minutes read

A iniciativa naceu hai 17 anos co obxectivo de promover a cultura mariñeira a partir da longa tradición neste eido coa que conta Muros. Cada ano supón unha nova ocasión para afondar e divulgar o inxente acervo cultural marítimo a través da historia e da evolución da frota local. As xornadas Muros Mira ao Mar desenvólvense ata o domingo e inclúe unha ampla proposta lúdica e cultural co ánimo de contribuír a engrandecer estas xornadas para locais e visitantes. Na inauguración, que tivo lugar este venres, participou a conselleira do Mar, Rosa Quintana.