As obras permitiron actuar en 500 metros cadrados co obxectivo de crear na planta baixa un aula para recepcións e exposicións e, no primeiro andar, unha ampla sala de usos múltiples para conferencias, proxeccións ou pequenos concertos. O proceso de restauración incluíu a mellora da iluminación, ventilación e illamento, así como o levantamento da cuberta para un segundo andar. O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, asistiron este sábado á inauguración deste centro cultural e turístico Antonio Fraguas, no que o Goberno galego investiu 350.000 euros para poñer en valor o patrimonio do municipio e consolidar a súa oferta turística.
Rueda recordou que este novo servizo vén a cubrir unha demanda dos veciños da parroquia de Carballedo que precisaban dun local en condicións para as súas actividades, ao tempo que incrementa os atractivos turísticos do concello coa posta en valor dun elemento patrimonial arraigado na memoria veciñal, xa que se trata da restauración do antigo cine-baile, recuperado para novos usos e que levará o nome dun dos veciños máis ilustres do municipio, o historiador, xeógrafo e etnógrafo Antonio Fraguas, ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas no ano 2019.
36