Inaugurado o centro sociocomunitario de Ponte Carreira, en Frades

1 minutes read

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo Pouso, e o alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, inauguraron na mañá deste venres o centro sociocomunitario de Ponte Carreira (Frades), acompañados dun cento de veciños e veciñas do municipio. Un centro que é unha realidade grazas a un convenio de colaboración asinado polo Concello de Frades e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, que achegou 200.000 euros en dúas anualidades. Unha aportación que se complementou cunha segunda achega de 32.000 euros para o mobiliario do centro por parte da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

O alcalde de Frades comentaba que se trataba de “Un edificio ao que queremos darlle uso diario, que non estea parado. Vai estar atendido durante a semana por unha persoa polas mañás e, inicialmente, durante 3 tardes. Esa persoa organizará actividades para os maiores que se acheguen: obradoiros de memoria, talleres de cociña, ximnasia… O local pode ser ben aproveitado non só polos veciños e veciñas de Ponte Carreira, senón de todo o concello”, explicou Rey Martínez.

Así, o centro abrirá as súas portas o martes 11 de abril cun completo programa de actividades semanais para persoas maiores como: ximnasia, xogos de mesa, proxección de películas e obradoiros de memoria, cociña, pintura e manualidades. O seu horario será de luns a venres, agás festivos, de 10:00 a 13:00 horas, e os luns, mércores e venres, de 17:00 a 20:00 horas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?