Inaugurado o CIEA de Cabana de Bergantiños

1 minutes read

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou este luns en Cabana de Bergantiños na inauguración do Centro de Interpretación do Estuario do Anllóns, un proxecto promovido polo concello a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Costa da Morte e subvencionado pola Xunta. A titular de Mar puxo esta iniciativa, que xorde da recuperación dunha antiga vivenda de carpinteiros de ribeira, como exemplo de difusión do valor ambiental do litoral galego. Neste sentido, destacou que busca “garantir a sustentabilidade da actividade extractiva promovendo o aproveitamento sustentable dos recursos naturais e ambientais do esteiro e visibilizar o mar como recurso doutras cadeas de valor relacionadas coa economía marítima, fomentando a súa competitividade”.

Deste xeito, subliñou a conselleira, este centro “é transmisor da cultura e da educación ambiental do territorio costeiro e da Costa da Morte en particular”. Tamén “é promotor de turismo gastronómico, pois funcionará como centro de degustación que dá mostra da calidade dos berberechos do Anllóns. Rosa Quintana puxo de relevo o papel dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) como vía para fomentar a dinamización e o patrimonio das zonas pesqueiras.

José Muiño, alcalde de Cabana de Bergantiños na sua intervención


 

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?