Inaugurado o IV Foro La Toja – Vínculo Atlántico, coa presenza de Filipe VI

O rei Filipe VI inaugurou este xoves na Toxa o foro en que durante tres días mandatarios, empresarios e expertos debaterán sobre os retos do mundo actual, dende a guerra en Ucraína ata a ciberseguriade pasando pola suba de prezos. Ucraína centrou boa parte do discurso do rei na sesión inaugural. Filipe VI expresou o rexeitamento de España ás pretensións rusas e a admiración ante a firmeza demostrada polo Goberno e pobo ucraínos. Tamén dixo que esta guerra reforzou o vínculo atlántico e a OTAN. O rei animou a aproveitar este foro para buscar solucións aos desafíos actuais dende a pluralidade. No acto estiveron presentes tamén o presidente da Xunta, Alfonso Rueda; o ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares; o alto representante da Unión Europea, Josep Borrell; os expresidentes de España e A Arxentina, Mariano Rajoy e Mauricio Macri, e o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha