Inaugurado en Vimianzo o novo Centro de Atención Temperá da Costa da Morte

Presentación del SAT en Vimianzo_Fuente: FB Ayuntamiento de Camariñas

  • Súmase ao outro local ubicado no Ézaro, Dumbría

Este luns presentouse oficialmente o novo local do Servicio de Atención Temperá da Costa da Morte, neste caso, ubicado en Vimianzo. O centro, situado na Avenida Finisterre 12, prestará servizos a nenos de 0 a 6 anos e ás súas familias para dar resposta ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan as crianzas con trastornos en desenvolvemento ou en risco de padecelo, para facilitar a súa autonomía persoal e a inclusión social.

Este segundo local (o primeiro atópase no Ézaro, Dumbría) contará cun equipo formado pola terapeuta ocupacional e psicomotricista Inmaculada Giráldez, que actuará como coordinadora; a psicóloga Sonia Limés e a logopeda Inma Fariña.

Á presentación acudiron representantes dos diferentes concellos colaboradores como o de Zas, Corcubión, Cee, Camariñas, Fisterra, Muxía, Dumbría, Carnota e Mazaricos.

A día de hoxe xa hai 35 familias que demandan este servizo para non ter que desprazarse ata cidades como A Coruña. Para máis información será necesario chamar ao 696 557 782 / 669 514 076, ou enviar unha mensaxe ao enderezo electrónico atenciontemprana@satcostadamorte.org.