Inaugurado o obradoiro de emprego de Dumbría, Cee e Corcubión

1 minutes read

Na comarca de Bergantiños-Costa da Morte levaranse a cabo un total de cinco talleres ordinarios duais. Mediante estas iniciativas a Consellería de Emprego e Igualdade investirá en políticas activas de emprego nesta comarca Bergantiños-Costa da Morte máis de 1,7 millóns de euros.
Os talleres de formación duais serán o de Camariñas, compartido con Muxía e Vimianzo; o de Carballo; o de Cerceda, compartido con Tordoia e Trazo; o de Dumbría compartido con Cee e Corcubión e o da Laracha.
Estes obradoiros permitirán que un total de 100 persoas desempregadas se formen nun oficio mentres realizan tarefas en beneficio de espazos e instalacións públicas. Os participantes recibirán un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado. A duración dos obradoiros xerais é de nove meses.

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou na inauguración do novo obradoiro de emprego de Dumbría, compartido con Cee e Corcubión, no que se formarán a 20 alumnos, en dúas especialidades: promoción turística local e información aos visitantes e en instrución en ioga, cun investimento autonómico de máis de 346.000 euros.