Inaugurado o obradoiro de emprego de Oza-Cesuras, Coirós e Mesía


O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polos alcaldes de Oza-Cesuras, Coirós e Mesía, inaugurou o obradoiro de emprego, Reactiva I Oza Cesuras, Coirós, Mesía que se desenvolverá en colaboración con estes tres concellos. Este programa conta cun apoio de máis de 500.000 euros financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Concretamente, formaranse 20 alumnos, durante 12 meses, en dúas especialidades con alta demanda de emprego: atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e en actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.