Inaugurado o punto neurálxico da vida social de Coristanco

Fabiola García e Juan García, na súa visita á Rocheira no ano 2020_Arquivo.

Así denominou a este centro a conselleira de Política Social, Fabiola García, tras a inauguración destas instalacións situadas no lugar da Rocheira, xunto á zona recreativa, a piscina e o campo de fútbol.
A conselleira apuntou que este centro responde unha débeda histórica coas veciñas e veciños de Coristanco. O Goberno galego financiou a adecuación do centro con 120.000 euros, o que permitirá que se poña en marcha un punto de encontro para as persoas maiores e para as persoas mozas.
Fabiola García agradeceu ao alcalde, Juan García, o seu compromiso por facer deste concello un mellor lugar para vivir e ofrecerlle ás súas veciñas e veciños o maior número de servizos posibles e da mellor calidade. Un obxectivo para o que, recordou, sempre poderá contar coa Xunta de Galicia.