Chámase Lumi e está en Finlandia. É o supercomputador máis potente e con maior eficiencia enerxética de Europa, e o terceiro do mundo. O seu rendemento alcanza os 151,9 petaflops por segundo, equivalente a 151.900 billóns de operacións por segundo. Lumi forma parte dun proxecto europeo que conta con outras sete máquinas, algunhas instaladas, outras en proceso de fabricación en varias cidades europeas, entre elas Barcelona. Fabricado pola estadounidense Hewlett Packard, Lumi ofrece unha das plataformas de intelixencia artificial (IA) máis avanzadas do mundo. Un 20% da súa capacidade está reservada para a industria e as pequenas empresas europeas. O seu obxectivo é potenciar a innovación e desenvolver negocios que precisan do uso masivo de datos.
50