A Garda Civil do Posto de Negreira detivo a un veciño da localidade e investigou a outro, como presuntos autores dun delito contra a saúde pública. Os feitos sucederon tras ter coñecemento a Benemérita da posible existencia dunha plantación de cánnabis na súa demarcación, polo que investigou os feitos en aras de constatar a súa veracidade, localizar a plantación e identificar ao presunto autor ou autores do ilícito.
Como froito do traballo de campo realizado, os efectivos da mencionada Unidade lograron a localización da mesma oculta entre varios milleiros, achando nela 38 plantas de Cánnabis Sativa cun porte superior a dous metros, en avanzado estado de floración e a identificación plena dos dous presuntos responsables da plantación.
Os axentes procederon á detención dun deles como presunto autor dun delito contra a saúde pública e á investigación do outro como presunto cooperador necesario e á incautación das plantas achadas. Ambas as persoas, xunto coas actuacións realizadas e os efectos incautados, foron postas ao dispor do Xulgado de Instrución Número 1 de Negreira.