A Policía Nacional, nunha operación conxunta con Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria, incautouse no Porto de Alxeciras (Cádiz) dun total de 9.436 quilos de cocaína no que supón un golpe «histórico» ao narcotráfico en España, ao ser a intervención do maior alixo de cocaína no noso territorio.
A droga, procedente de Colombia, foi embarcada en Ecuador e, tras pasar polo porto de Alxeciras, ía ser trasladada por barco a Portugal para ser distribuída finalmente en Europa, segundo o explicaron os responsables do operativo nunha rolda de prensa celebrada este venres.
O cargamento viaxaba nun dos 16 contedores de plátanos que a organización fretou para dificultar a súa localización, dividido en paquetes de aproximadamente un quilo e con máis de 30 logotipos, o que indica que había máis de trinta organizacións receptoras da droga.