Incautados en Cambre, vía porto da Coruña, 7.200 kilos de cocaína camuflada entre atún

Policía Nacional

A Policía Nacional e a Axencia Tributaria comisaron este martes 7,2 toneladas de cocaína e detiveron catro persoas nunha operación policial contra o narcotráfico, vinculada ao transporte marítimo, que concluíu no polígono de Espírito Santo, no municipio coruñés de Cambre. Os axentes accederon a unha nave industrial, dunha empresa de peixe conxelado, e comisaron 7,2 toneladas de cocaína, na maior operación do ano en Galicia. Xunto á droga, a Policía Nacional e a Axencia Tributaria detiveron a estas 4 persoas pola súa relación con estes feitos, aínda que a operación continúa aberta.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha