Incautados en Malpica 22,7 quilos de centola e 3,5 de bogavante en veda

1 minutes read

Os feitos ocorreron a raíz de que o Servizo Marítimo da Garda Civil observase como un home chegaba nun vehículo e, tras aparcar nunha chaira onde se depositan as redes de pesca, baixouse e recolleu dous capachos negros ocultos cunha rede para metelos no coche.

Cando renovou a marcha, a Garda Civil deulle o alto e procedeu a identificar e inspeccionar o vehículo. Así, atoparon nos capachos os tres bogavantes –especie que está en veda– con un peso de 3,5 quilos e outros 22,7 de centola, dos cales 13,3 estaban ovados.

Ademais, os axentes solicitáronlle a documentación que amparase a descarga e o transporte desta mercadoría, pero o home carecía dela.

Por iso, a Garda Civil procedeu á incautación da mercadoría e á confección das correspondentes actas-denuncia por infracción á Lei 11/2008 de Pesca de Galicia. O crustáceo aprehendido que se achaba con vida foi devolto ao mar.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?