39
- O detido, veciño da Coruña, carecía de autorización para a extracción de marisco
O Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil da Coruña incautou un total de 30,4 quilos de ourizo de mar nas inmediacións da praia de Canide (Mera, Oleiros).
Os axentes detiveron a un home, veciño da Coruña, ao que viran introducirse na auga vestido con traxe de neopreno e saíndo da mesma cun saco varios minutos despois. Cando interceptaron o turismo no que viaxaba o detido, os gardas acharon un saco e un capacho con ourizos de mar, así como un traxe de neopreno completo.
Ademais, o home carecía de autorización administrativa para a extracción de marisco, polo que a Garda Civil procedeu á confección da pertinente denuncia e o ourizo incautado foi sementado novamente no mesmo lugar.