Incautados máis de tres millóns e medio de paquetes de tabaco de contrabando

1 minutes read

A Garda Civil -coa colaboración de Europol, na denominada operación FATACA- desartellou unha organización criminal de contrabando de tabaco pola que se detiveron 27 persoas e se desmantelaron tres fábricas de tabaco, aprehendéronse 3.500.000 paquetes de tabaco sen precinto fiscal valoradas en 17.500.000 euros e 10.000 quilos de folla de tabaco, cun valor superior aos 20.000.000 de euros. Na operación procedeuse a 24 entradas e rexistros en domicilios, naves industriais e comercios nas localidades de Sevilla, Málaga, Córdoba, Madrid, Albacete, Valencia, Zaragoza e A Rioxa. Os líderes da organización branqueaban grandes cantidades de diñeiro obtido a través do contrabando de tabaco, o que lles permitiría manter unha vida de luxo. A investigación por branqueo de capitais permitiu o embargo de 7 inmobles e 25 vehículos, así como o bloqueo das contas bancarias das que eran titulares os investigados.