Incendio en Área Central por causa dun transformador

Dereitos de autor: www.absolutsantiago.com

  • Varios veciños das vivendas quedaron sen luz

Un incendio nun transformador eléctrico deixou a varias persoas sen luz nas súas vivendas no complexo de Área Central, en Santiago, e unha persoa enferma tivo que ser evacuada ata o restablecemento do subministo.

Os sucesos ocorreron pasadas as sete desta mañá de xoves, cando pequenas explosións e unha fumareda alertaron aos veciños e ao persoal de seguridade do Centro Comercial.

A orixe do fume e das explosións foi un transformador instalado no acceso ao aparcamento. Debido a esta situación, varias vivendas quedaron sen luz e mesmo tivo que ser evacuada unha muller enferma que necesitaba dun respirador automático.

Ata o lugar dos feitos achegáronse efectivos do 112 Galicia, voluntarios de Protección Civil de Santiago, os bombeiros da cidade e os técnicos para restablecer a subministración eléctrica nas vivendas afectadas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha