Os bombeiros do parque Provincial de Arteixo foron alertados ao redor das 16:30 horas deste martes, 15 de xullo, dun incendio na parte traseira de varios edificios, concretamente nunha zona axardinada da Avenida Manuel Platas Varela, no propio concello de Arteixo. O lume foi controlado e extinguido sen que se rexistrasen danos persoais nin materiais de consideración.
Incendio nunha finca próxima a vivendas no concello de Melide
Os bombeiros do parque Provincial de Arzúa foron alertados ao redor das 12:45 horas deste martes, para extinguir un incendio nunha finca situada na Rúa Furelos, no termo municipal de Melide, próxima a varias vivendas. O lume afectou aproximadamente 10 metros cadrados de pasto. A intervención permitiu a rápida extinción e o arrefriado da zona, evitando así a propagación ás vivendas próximas. No operativo participaron tamén a Brigada Forestal de Arzúa, a Cuadrilla Forestal de Melide e a Garda Civil.