Incendio nunha casa en Cambeda, Vimianzo

Bombeiros de Cee.

Un particular pedía axuda na mañá deste venres ao 112 Galicia, indicaba que ardía unha casa no lugar de Piñeiros, en Cambeda, no Concello de Vimianzo.

De inmediato, os xestores do 112 Galicia pasaron aviso aos Bombeiros de Cee e informaron dos feitos ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, por precaución, derivaron unha ambulancia ata o lugar. Así mesmo, foron informados os axentes da Garda Civil e os membros de Protección Civil que tamén acudiron ao punto de inmediato.

As tres persoas que residen na vivenda puideron saír coa axuda da intervención dos servizos de emerxencias, polo que, ningunha persoa precisou asistencia sanitaria. Ardeu por completo unha cociña con zona de lareira e o fume afectou ao resto da casa.

Tras extinguir as lapas e ventilar a zona, os Bombeiros dan por rematada a súa intervención. Polo momento, descoñecen as causas que puideron orixinar o lume.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha