Un particular deu a voz de alarma pasadas as 10 da noite deste xoves ao 112 Emerxencias Galicia por un incendio nunha cheminea dunha vivenda na parroquia de Berdoias en Vimianzo. Ao lugar foron mobilizados de urxencia os Bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña, con base en Cee. Afortunadamente, tras a súa intervención, tan só houbo que lamentar danos materiais.