O 112 Galicia tivo constancia na tarde deste venres dun incidente que afectou ao forno dunha panadaría situada no baixo dunha vivenda da rúa Francisco Canosa Nemiña no Concello de Laxe. Houbo chamas, pero segundo informaron os profesionais de extinción só ardeu a parte frontal do forno e resultou afectada unicamente a instalación eléctrica.
Foi unha persoa particular quen chamou ao 112 para informar do incendio. Aseguraba que non había persoas afectadas.
A partir de aí, os xestores de emerxencias pasaron aviso de inmediato aos Bombeiros de Carballo e aos membros do GES de Ponteceso. Do mesmo xeito foron informados a Garda Civil, a Policía Local e os efectivos de Protección Civil da localidade.