Incentivos á contratación temporal do alumnado do obradoiro de emprego ‘Carballo Coida’

1 minutes read
  • Haberá unha subvención fixa de 1.500 euros por traballador.
  • As solicitudes deberán presentarse a través da sede electrónica do Concello entre o 29 de xullo e o 19 de agosto.

O Concello de Carballo publicou este venres as bases da convocatoria de axudas, a través de incentivos económicos, para contratar a alumnado traballador do Obradoiro Dual de Emprego Carballo Coida na especialidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes
en institucións sociais.

As contratacións temporais incentivaranse cunha subvención fixa de 1.500,00 € por cada traballador/a, correspondente a un contrato mínimo de 3 meses a xornada completa, e terán que formalizarse entre o 29 de xullo e o 19 de agosto de 2022. O número máximo de contratos a incentivar con cargo á presente convocatoria será de 11.

Os beneficios establecidos á contratación nesta convocatoria serán incompatibles con outros que, polos mesmos conceptos, poidan outorgar as administracións públicas como medida de fomento do emprego. Con todo, serán compatibles, no seu caso, coas bonificacións ou reducións de cotizacións á Seguridade Social.

prazo de presentación de solicitudes iniciarase a partir da publicación do extracto da convocatoria e rematará o día 22 de xullo de 2022. As solicitudes de axudas dirixiranse ao alcalde de Carballo e presentaranse, obrigatoriamente, na sede electrónica do Concello.