Adrián Losón Fernández (Lalín, 1988)
Pivote procedente dunha das canteiras máis importantes de Galicia como é o BM. Lalín. Alí formouse e acadou coa base o campionato galego en ata 3 ocasións como alevín, infantil e cadete. Militou 5 anos en primeira nacional como pivote, defensor central e no segundo.
Adrián, formado cun ciclo en comercio traballa para Sinelec Racord como comercial por toda Galicia, e non quixo perder a oportunidade de reforzar o proxecto do Calvo Xiria dende a liña dos 6 metros.
Jorge Bouzas (Carballo, 1995) continúa no Calvo Xiria.
O extremo esquerdo seguirá un ano máis vestindo de verdinegro. Será a sétima campaña no primeiro equipo do Xiria para el. Un xogador polivalente que destaca tanto en ataque coma en defensa. A súa velocidade e reflexos fan que sexa un eficaz defensor avanzado e rápido no contragolpe.
Na parte académica conta cun ciclo de Administración e ademáis forma parte do equipo técnico de adestradores das Escolas de Balonmán Xiria. Un máis dos canteiráns que apostan pola súa evolución e continuidade como formadores dentro do clube. Con ampla experiencia xa en primeira estatal, sen dúbida será un gran ano para Jorge.