Incorporada ao Catálogo de árbores senlleiras a Nogueira do Camiño Vello, en Triacastela


A Nogueira do Camiño Vello, con 9 metros de altura e 7 metros de circunferencia e cunha inclinación de 40º cara ao leste, enraizada directamente na rocha localízase ao carón da Casa da Ponte, vella ferrería onde en 1812 a Xunta Superior de Galicia instalou un hospital de tránsito para atender a soldados enfermos que loitaban contra as tropas francesas durante a Guerra de Independencia. O seu vasto toro e as súas cavidades, algunhas delas completamente abertas, mostran o inescrutable paso do tempo, as inxerencias do clima e dos insectos que nela habitan.