Incorporados ao Catálogo de Árbores Senlleiras unha sobreira de Redondela e un castiñeiro de Lugo

O Catálogo galego de árbores senlleiras conta con dous novos exemplares, concretamente, unha sobreira localizada no concello pontevedrés de Redondela e un castiñeiro situado no de Lugo. A sobreira do Monte da Peneda, en Redondela, é unha árbore de 20 metros de altura da familia das fagáceas, coa copa irregular, escura, característica da rexión mediterránea e, polo tanto, non moi abundante en Galicia, onde se pode atopar sobre todo nos vales de ríos como o Miño, o Sil, o Umia e o Ulla. En canto ao castiñeiro Casa Fragueiro, está localizado no lugar de Riazón-Ombreiro, no concello de Lugo. Aínda que moitos autores aseguran que o castiñeiro foi unha especie introducida polos romanos na Península Ibérica, estudos científicos indican que é unha árbore autóctona que xa estaba presente en Galicia antes das últimas glaciacións.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha