Galicia incrementou este ano en 11 o número de prazas formativas nas especialidades de saúde mental na oferta de formación sanitaria especializada. O conxunto de especialidades relacionadas coa saúde mental (psicoloxía clínica, psiquiatría e enfermaría especialista de saúde mental) suma na oferta deste ano un total de 46 prazas, un incremento de máis do 30% respecto ás 35 ofertadas o ano pasado. En concreto, o incremento de prazas na especialidade de psiquiatría foi de catro respecto do ano anterior, para acadar un total de 16. Na especialidade de psicoloxía clínica, a oferta formativa final é de 13 prazas, cinco máis que o ano anterior. Tamén incrementouse a oferta formativa coa convocatoria dunha praza na nova especialidade de psiquiatría infantil e da adolescencia, especialidade esta de nova creación. Xunto ao anterior, na especialidade de enfermería de saúde mental a oferta é de 16 prazas, unha máis que o ano anterior.
26