Incrementadas nun 6 % as contías das pensións non contributivas

1 minutes read

O Consello da Xunta aprobou o incremento nun 6 % do complemento autonómico para ao redor de 37.000 persoas que perciben unha pensión non contributiva na Comunidade. Deste xeito, achegará 218 euros nun pagamento único e adiantará o seu ingreso seis meses, para facelo xa no mes de abril. “Galicia foi pioneira neste complemento”, lembrou o mandatario galego, Alfonso Rueda, quen puxo en valor que a Xunta non só a manteña na actualidade, senón que incremente a súa contía fronte a outras comunidades que non dispoñen deste complemento. O complemento está dirixido a pensionistas de xubilación e invalidez nas súas modalidades non contributivas, persoas anciáns e enfermas con incapacidade para o traballo beneficiarias de axudas periódicas e persoas con discapacidade que reciben o subsidio de garantía de ingresos mínimos.