Inscricións abertas para participar no curso de formación para coidadores de persoas con alzheimer en Ponteceso

PIXABAY

  • A actividade desenvolverase os días 28 e 29 de outubro na Biblioteca Municipal

Desde este luns xa está aberto o prazo de inscrición para participar no curso de formación para coidadores de persoas con alzheimer e outras demencias, organizado pola Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Bergantiños (Afaber) en colaboración coa Concellería de Servizos Sociais de Ponteceso, Fagal e a Xunta.

A actividade desenvolverase os días 28 e 29 de outubro na Biblioteca Municipal de Ponteceso en horario de 10:30 a 12:30.  As persoas interesadas poderán anotarse chamando ao departamento de Servizos Sociais (981 714 000) ou poñéndose en contacto con Afaber nos teléfonos 981 758 545 e 625 980 691.

Esta nova acción formativa pretende proporcionar a coidadores e familiares a formación precisa para o correcto desempeño das súas funcións, ademais de recursos para prestar os coidados necesarios sen comprometer a súa saúde.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha