A misión espacial da India Chandrayaan-3 alunizou con éxito no polo sur da Lúa, tras unha complexa manobra de descenso sobre a superficie da cara máis meridional do satélite, nunca antes explorada. Chandrayaan-3 necesitou 40 días para o seu percorrido desde que despegou o pasado 14 de xullo co foguete de lanzamento máis grande e pesado da India.
A Organización India de Investigación Espacial (ISRO) comezou ás 17.44 horas (12.14 GMT), as manobras cruciais da aterraxe fixéronse co módulo “Vikram”, nome que se traduce como “valoroso”. Fíxoo durante un percorrido final duns 25 quilómetros durante 20 minutos de expectación.
De acordo co xefe de ISRO, Sreedhara Somanath, esta foi a parte “máis crítica da aterraxe”.
Neste paso, a velocidade de aterraxe é dun 1,68 km por segundo, co Chandrayaan-3 en posición horizontal pasouse á posición vertical durante o descenso.
Chandrayaan-3 necesitou de 40 días para o seu percorrido desde que despegou o pasado 14 de xullo co foguete de lanzamento máis grande e pesado da India.
A pesar deste impulso a propulsión da misión non foi suficiente para ser enviada a un punto directo da Lúa, polo que a misión india tomou un percorrido máis longo que lle levou a orbitar por varios días a Terra, e logo a Lúa, ata lograr a súa posición.