Indignación na Coruña pola viaxe do Fuenlabrada con casos de covid-19

Antes de viaxar á Coruña xa se coñecía o positivo dun xogador do Fuenlabrada e o de tres membros do equipo técnico. Aínda así colleron avión e aloxáronse no hotel Finisterre cando o protocolo da Liga recolle que os xogadores deben aloxarse nun establecemento exclusivo para o equipo. Os xogadores do Fuenlabrada chegaron a Alvedro nun voo chárter, exclusivo para o equipo. Pero segundo unha orde do 17 de xullo publicada no Boletín Oficial do Estado, está prohibido acudir a un aeroporto se estivemos en contacto estreito cunha persoa diagnosticada nos 14 días anteriores á viaxe. Segundo transcendeu, o Fuenlabrada coñecía desde o sábado o positivo dun dos xogadores, pero viaxaron á Coruña sen saber os resultados das probas PRC de contraste ás que se someteran. Certa indignación na cidade herculina por estes feitos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha