Inditex alcanza un acordo co grupo Deher para vender o seu negocio en Rusia

1 minutes read

A multinacional con sede en Arteixo conta alí con preto de 500 tendas que se atopan pechadas desde principios de marzo, como resposta á decisión do Goberno deste país de invadir Ucraína.

Segundo informou este martes a compañía á Comisión Nacional do Mercado de Valores, o acordo inclúe a transferencia da maioría dos locais ocupados ata o de agora polas súas tendas, o que permitirá manter “unha parte substancial dos postos de traballo”.

No caso de que as circunstancias futuras permitan o regreso de Inditex a Rusia, a firma asegura ter un acordo con Daher para estudar unha colaboración entre ambas compañías a través dun contrato de franquías.