Inditex inicia a reapertura de varias tendas en desescalada

Foto.- Cedida.

O grupo téxtil Inditex comeza a desescalada e anuncia a progresiva apertura das súas tendas. Así desde este xoves, levanta a súa persiana a tenda de Zara da rúa Juan Flórez da Coruña e fai o mesmo o Zara de cabeleiro, situada na praza de Galicia de Santiago. Non serán as únicas xa que tamén abrirán as súas portas as pequenas tendas das distintas marcas do grupo en varias localidades de Galicia. Pero de momento, estas tendas que arrancan a súa actividade farano co sistema de cita previa ata o 11 de maio.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha