Inditex merca unha nova parcela no polígono de Sabón

dpm.

Medrar e facelo de xeito sostible. Son as claves de futuro de Inditex, principal motor económico de Galicia, que está adaptando as súas instalacións a un novo concepto industrial. Máis servizos para os empregados, novas zonas verdes e fontes limpas de abastecemento enerxético.

Os terreos da empresa Gabesa integraranse a partir de agora no complexo de Inditex para conformar unha superficie que supera o medio millón de metros cadrados, arredor dos que se instalan moitas das súas empresas subministradoras. Un xigante en expansión que non deixa de medrar.