Inditex pon a súa rede loxística ao servizo do Goberno

Cedida.

A compañía Inditex asegurou este mércores, que pon ao dispor do Goberno “toda a súa capacidade loxística, de aprovisionamento e de xestión comercial”, moi especialmente, desde China, para lograr o material sanitario e téxtil que demanda o Executivo central. A compañía vai máis aló, porque, ademais, estuda a posibilidade de que parte das súas fábricas comecen a coser batas cirúrxicas, demandadas polos profesionais sanitarios de España. “Trabállase para traer o material que as autoridades sanitarias españolas sinalaron como máis urxentes: máscaras, luvas, lentes protectoras, gorros, calzas e protectores faciais. Inditex vai dar apoio loxístico para transportar desde China a compra que o Goberno faga directamente”, indica a compañía. Ademais, polo menos unha vez á semana, farase un envío de todo o material que a insignia compre directamente. “Nestes momentos doáronse xa 10.000 máscaras protectoras e, a finais desta semana, está previsto o envío doutras 300.000 máscaras cirúrxicas”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha