38
A multinacional Inditex pon en marcha un plan para vender en liña as pezas que quedaron colgadas nas 1.600 tendas de España cando tiveron que pechar. 800 empregados, que se presentaron de xeito voluntario, acudiron aos comercios para recuperar e poder poñer á venda o produto na Rede. Nun comunicado Inditex explica que non acceden máis de catro persoas a cada centro e que desempeñan o traballo con todas as medidas de seguridade e hixiene necesarias.