Indonesia busca os restos dun avión que caeu ao mar con 62 persoas a bordo

1 minutes read

O aparello esnafrouse no Mar de Xava pouco despois de engalar do aeroporto de Xakarta con destino a Pontianak, capital de Borneo Occidental. Os controladores perderon o contacto co avión, un Boeing 737-524 trece minutos despois da engalaxe do aeroporto internacional Sukamo-Hatta na capital indonesia, ás 06:40 G.M.T. As autoridades de aviación indonesias confirman que no avión comercial viaxaban 56 pasaxeiros e 6 tripulantes. Un grupo de pescadores afirmaron que presenciaron unha explosión e encontraron flotando no mar os posibles restos do accidente aéreo. As autoridades confirman que todos os pasaxeiros eran de nacionalidade indonesia.