Inés Arrimadas da o salto á política estatal

A líder de Ciudadanos en Cataluña confirmou que se presenta por Barcelona para encabezar a candidatura ao congreso. Asegura que dá o salto da política de Cataluña ata o Congreso para empurrar a Albert Rivera nos vindeiros comicios xerais.

Era algo esperado tras anunciar Sánchez a convocatoria adiantada de eleccións e Ciudadanos converteuno hoxe nun golpe de efecto. Foi nun acto de precampaña, e xa só queda pendente de que o referenden as bases do partido laranxa.

Inés Arrimadas, portavoz de Ciudadanos: «Vou seguir defendendo o constitucionalismo alí onde é máis preciso facelo. Anúnciovos que vou presentar a miña candidatura ao número un por Barcelona nas próximas eleccións xerais». 

O salto da actual portavoz de Ciudadanos desde a política catalá á do Estado preséntao Rivera como a proba de que o seu partido non se resigna a un papel subalterno no próximo goberno de España.
Albert Rivera, presidente de Ciudadanos: «Que quere dicir ese anuncio de Inés hoxe? Quere dicir que imos por todas… Quere dicir que España non pode permitirse catro anos máis con Sánchez na Moncloa. Quere dicir que agora ou nunca».

Rivera dixo que o de Ciudadanos é o carreiro central da política española, e presentouse a si mesmo coma o candidato das clases medias.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha