Inés Rey anima ao sector turístico a traballar para situar A Coruña no mapa internacional de destinos

0 minutes read

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reuniuse co sector turístico da cidade co fin de presentar xunto ao concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, e ao novo xerente do Consorcio de Turismo, Moisés Jorge Naranjo, os principais eixes de desenvolvemento turístico e as liñas estratéxicas de traballo a partir deste momento para potenciar a cidade. Inés Rey destacou a importancia de aproveitar esta crise para saírmos reforzados, e construír conxuntamente unha proposta turística de calidade. «Contades con todo o meu compromiso e vontade política para facer desta cidade un enclave turístico de referencia tanto nacional como internacional», sentenciou.