Inés Rey: “Apoiarei medidas que reduzan a presión hospitalaria”


A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, manifestou que apoiará “medidas que reduzan a presión hospitalaria” na área sanitaria da Coruña, debido á “grave situación que estamos vivindo”. Rey considerou que “as recomendacións non teñen tanto efecto como as medidas de cumprimento obrigatorio” e sinalou que as actuais medidas “non están sendo suficientes” para frear esta terceira vaga de contaxios da Covid-19. “A prioridade do Concello da Coruña é a saúde pública, pero a adopción de novas medidas é unha responsabilidade da Xunta de Galicia”, destacou a alcaldesa.

A rexedora apelou á responsabilidade invdividual da veciñanza e a evitar calquera tipo de interacción social estas semanas: “Se non nos queren escoitar a nós que atendan ás cifras de contaxios, de persoas ingresadas nos hospitais e de persoas nas unidades de coidados intensivos… Son números que nos deben levar a unha reflexión”. Lembrou que a actual presión hospitalaria tamén está prexudicando a pacentes ingresados con outras patoloxías.