Inés Rey continuará como alcaldesa da Coruña

1 minutes read

O PSdeG e o BNG acordaron este mércores a investidura de Inés Rey como alcaldesa da Coruña este sábado, aínda que o consenso implica un goberno en solitario socialista co BNG como socio preferente nunha corporación que completa o PPdeG.

Despois de tres reunións, socialistas (once edís) e nacionalistas (catro) acordaron que Inés Rey repita como alcaldesa. O entendemento entre estes dous partidos foi fundamental, pois doutra maneira o alcalde sería o líder da lista máis votada, Miguel Lorenzo, do PPdeG (doce edís).

Ao termo do encontro deste mércores, o portavoz e concelleiro socialista José Manuel Lage mostrou “satisfacción” tras alcanzar un “acordo de investidura”. “Inés Rey será alcaldesa da Coruña novamente apoiada por 15 concelleiros e concelleiras, unha maioría moi ampla, o que deixa ver que hai unha maioría progresista na cidade”, manifestou aos medios.