14
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou este martes a estratexia turística da cidade na Casa de América, en Madrid, nun acto previo á presentación este mércores da oferta turística da Coruña en Fitur. Entre as principais novidades anunciadas atópase a programación completa da ‘Celebración Picasso 1973-2023’, que contará con máis de 30 actividades ao longo do ano na Coruña.
A cidade será unha das sedes, xunto a Málaga, Barcelona, Madrid e Bilbao, da conmemoración do 50 aniversario do falecemento do artista. “A Coruña recupera este 2023 o seu espazo como cidade picassiana para amosar ao mundo toda a súa fortaleza xunto a un símbolo universal que tamén o é da cidade: Pablo Ruiz Picasso”, sinalou Inés Rey.