Inés Rey, primeira alcaldesa electa da historia da Coruña

  • Promete un mandato “feminista” e de “acordos”

Non houbo sorpresas en María Pita. Ás 18:20 da tarde, era proclamada alcaldesa da Coruña Inés Rey. A socialista recibiu os apoios suficientes na sesión de investidura e convértese así na primeira alcaldesa electa da Coruña.

Inés Rey recibiu o bastón de mando de mans da concelleira socialista Esther Fontán, a presidenta da mesa de idade. Tras prometer o cargo e saudar á súa familia, comezou un discurso apelando a un mandato «feminista».

Entre os obxectivos do seu mandato, Rey citou o de situar á Coruña como motor económico de Galicia, a área metropolitana, o apoio á universidade ou o futuro de empresas como Alcoa, Ferroatlántica e Isowat. Así mesmo, citou os grandes proxectos, como a conexión ferroviaria a Punta Langosteira ou o deseño da fachada marítima, ademais do coidado dos espazos públicos, un “urbanismo sustentable” ou unha cidade “que non deixe a ninguén atrás” .

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha