Inés Rey reclama avances na escolarización e emprego das persoas con discapacidade

1 minutes read

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, participou na oitava edición da iniciativa ‘Baixo o mesmo paraugas’ un evento que reúne cada 3 de decembro desde 2016 as entidades que defenden os dereitos das persoas con discapacidade con motivo do seu Día Mundial. Estivo acompañada pola concelleira da Área de Benestar Social, Yoya Neira.

Rey agradeceulles a súa asistencia ás máis de 30 entidades que encheron o Parrote “para celebrar a unión e a forza do colectivo de persoas con discapacidade”. “Cada vez somos máis baixo o mesmo paraugas da inclusión, da diversidade, da empatía e da reivindicación da igualdade de dereitos e oportunidades para todos”, dixo a rexedora.

Inés Rey lembrou que, a pesar dos avances, aínda queda moito por facer en dous aspectos fundamentais: a escolarización das e dos menores, para a que se necesitan máis educadores e educadoras e persoal de apoio en todos os niveis educativos, desde a escola infantil á universidade ou a formación profesional; e o emprego, onde a taxa de paro do colectivo segue estando oito puntos por encima da media.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?