Ines Rey reestrutura o seu Goberno

1 minutes read

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, anunciou en rolda de prensa, acompañada por todas e todos os concelleiros do executivo local, varios cambios no organigrama do Goberno municipal, derivados da necesidade de sumar forzas para seguir respondendo ás necesidades derivadas da crise creada pola Covid-19. Entre elas, está a incorporación ao Goberno local de Mónica Martínez, «concelleira non adscrita desde hai varios meses e que demostrou desde o inicio deste mandato o seu compromiso pola cidade, a súa enorme capacidade de diálogo e a súa vontade de contribuír e sumar en cada proxecto que entende beneficioso para as coruñesas e os coruñeses». Inés Rey referiuse á nova edila do Goberno como una persoa que «suma, achega, dialoga e cre neste proxecto» e asegurou que «supón unha honra para min como alcaldesa que outra muller coruñesa se sume ao noso proxecto plural mais cunhas prioridades cidadás moi definidas». «Trátase de seguir incidindo na procura de acordos amplos, de sumar á maior parte das sensibilidades, sempre en busca do progreso da Coruña», engadiu Rey.