A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, afirmou que apostar polo tren na rexión económica ártabra suporá un alicerce esencial para o seu desenvolvemento: «Urxe unha conexión ferroviaria Ferrol-A Coruña adaptada ao século XXI» para ser competitiva co resto de rexións do noroeste peninsular. En concreto, indicou que «desprazármonos en tren a Ferrol significa duplicar o tempo da viaxe que nos leva noutros medios de transporte máis contaminantes, menos sustentables e máis caros». A rexedora manifestou a necesidade de vertebrar o eixe económico e social entre ambas as cidades na presentación do informe sobre a conexión ferroviaria Ferrol-A Coruña, elaborado polo Eixo Atlántico. Na cita tamén interviñeron o alcalde de Ferrol, Ángel Mato; o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao; e o catedrático de Enxeñaría e Infraestrutura dos Transportes, Miguel Rodríguez Bugarín.
36