A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, realizou unha visita institucional ás instalacións da Capitanía Marítima e ao Centro de Coordinación e Salvamento da Torre de Control Marítima da cidade.
Alí, reuniuse co capitán marítimo da Coruña, Gonzalo Guillén Espejo-Saavedra, quen lle amosou as oficinas e lle explicou o funcionamento da capitanía e da administración marítima. A continuación visitaron a Torre de Control Marítimo e saudaron o persoal responsable do Centro de Coordinación e Salvamento e a azotea do edificio, onde contemplaron as vistas da cidade.