Inesperada derrota do Obradoiro ante UCAM Murcia

aloj.

Volvía a competición ACB a Santiago tras o parón pola Copa e as xanelas FIBA, e non puido ser de peor forma para Obradoiro. Caía derrotado en casa ante un rival directo, o UCAM Murcia por 72-83. Chegaba o conxunto pimontenero con 3 caras novas: Radicevic, Malmanis e Delroy James. Con todo, foron os de sempre quen tirou do carro e fixeron posible a vitoria visitante no Fontes do Sar. Polo bando local, De Zeew, que viña tocado tras forzar coa selección belga, puido xogar. Non así Czerapowicz, cunha escordadura de grao 2 e Calloway, quen segue entre algodóns. Comezaba o primeiro cuarto cun intercambio de triplos do que saía beneficiado Obradoiro. A pesar de todo, Murcia empezou a axustar liñas e achegábase no marcador. Unicamente un triplo sobre a bucina de Kostas, tras unha última xogada visitante desaproveitada para gañar o cuarto, fixo que os de Santiago acabasen impoñéndose 19-15. O segundo cuarto aumentou a intensidade defensiva, con maior acerto e dureza para os de Sito Alonso quen remontou para acabar o primeiro tempo 31-33. Axudados polos problemas coas faltas de Kravic, quen resto potencial defensivo á pintura galega. Elocuente mostrábase Moncho Fernández sobre o particular da defensa na sala de prensa posterior ao partido: “…a defensa murciana foi moi boa empuxándonos, sendo moi físicos…non estou a dicir que nos fixesen falta. Tamén outras veces porque estivemos brandos nas definicións”. Na continuación xogou Obradoiro un terceiro cuarto desastroso. Mentres tanto, polo lado murciano destacaba excesivamente un sensacional Askia Booker, mvp do partido con 31 puntos, 3 rebotes e 5 asistencias, para asinar 35 unidades de valoración. Ben apoiado por Vermellas e Larentzakis, con 13 de valoración cada un. Deu UCAM coa tecla para desconectar o caudal anotador galego, defensas de 2 contra 1 na saída dos bloqueos provocaban erro tras erro. Chego a ir perdendo Obradoiro por 16 puntos. Aínda así, conseguiu acabar o cuarto 47-59, 12 puntos de diferenza e chamamento á épica. E non puido ser, o último cuarto foi o da lei de Kostas. Un Vasileadis que se botaba o equipo ás costas, exercendo de líder, veterano e loitador. Con brega, carácter e boas doses de acerto, pero non foi suficiente. A pesar de todo, o beirado grego acabou con 19 puntos anotados. Sendo, xunto con De Zeew, quen a pesar de non estar ao 100% foi o máis valorado dos branquiazuis con 19 unidades de valoración e Brodziansky con 17, os máis destacados dos locais. Intentos de remontada desesperados de Obradoiro, freados en seco cun ata entón desaparecido Larentzakis con 2 triplas clave. Aínda así, os galegos tiveron un último conato de reacción, poñéndose a 6 puntos restando case un minuto para a conclusión. No seguinte ataque, boa defensa que acabou cun triplo forzado ao límite de esgotar a posesión de Booker, quen recibiu unha dudosísima falta de Pozas. Como resultado, 3 tiros dos que o escolta americano anotaba 2. Todo visto para sentenza, unicamente quedaba saber o resultado final que acabou aínda peor para os intereses obradoiristas. Novo erro local e Murcia gañaba por 11 puntos de diferenza, levándose ademais o average (na ida venceran Obradoiro por 5 puntos de diferenza). Achéganse os pimentoneros: 7 vitorias por 9 galegas, cun partido menos para os do Segura e o consabido average. Mantén o equipo santiagués certo colchón co descenso, pero urxe volver gañar canto antes, para evitar urxencias como as da tempada pasada onde a punto estivo de chegar o descenso como consecuencia de non dar chegado a vitoria definitiva, tras un inicio sensacional e tras perder partidos clave #ante rivais directos. Salvándose o equipo na última xornada, a pesar de caer derrotado, e cando o tiña na man con 10 xornadas de anticipo. Moito ollo con estas situacións, nunca se sabe como pode evolucionar a tempada con lesións, malas formas, pouca fortuna, arbitraxes, etc. Próximo partido Bilbao basket en terras biscaíñas. Difícil exame para Obradoiro pero xa sacamos sobresaliente en probas parecidas.

ALEJANDRO LUÍS OTERO JAMARDO